Os coches queimados.

Arderon catro coches estacionados no garaxe pero non houbo que lamentar danos persoais

Unhas trinta persoas, que non requiriron asistencia sanitaria, foron evacuadas pola Policía Local polo fume que entrou nos domicilios a causa deste incendio, no que arderon catro coches e dúas motos estacionados no garaxe da planta 1.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pouco antes das 4 horas da madrugada a través da Policía Local de Cangas. Estes, á súa vez, recibiran varios avisos de que saía lume do garaxe dun edificio da rúa de Longán. As instalacións afectadas atopábanse no soto do inmoble, e o fume comezaba a aparecer nas vivendas.

Por tanto, os axentes decidiron proceder á evacuación de todas as persoas que se atopaban no interior, que non precisaron asistencia sanitaria. De todos modos, unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazouse ata o lugar.

Ao mesmo tempo, os Bombeiros do Morrazo percorreron a zona para confirmar que non houbese persoas no interior, e apagaron as lapas, que daban por extinguidas contra as 6 horas: arderon seis vehículos no garaxe do edificio. A continuación, realizaron tarefas de ventilación, tralo que todos os veciños, agás os do primeiro nivel, puideron retornar aos seus domicilios.

De momento, os servizos de emerxencias recomendaron evitar acceder ao garaxe para retirar ou estacionar os vehículos.

Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo, a Garda Civil, Protección Civil e o persoal do Concello de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *