Os bombeiros indicaron que ademais ardeu un alpendre, no que se orixinou o lume e no que había almacenados combustibles e un cortacéspede.

Foi a Policía Local a que, sobre as 3:45 horas desta madrugada, informou ao 112 Galicia de que ardían as placas solares dunha casa situada na rúa Nova de Arriba, en Beluso. Pouco despois, unha alertadora particular engadiu que os paneis eran de gran tamaño e atopábanse nunha zona arborizada.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción dos Bombeiros do Morrazo, da Policía Local de Bueu e dos axentes da Garda Civil.

Así, os equipos de extinción traballaron para apagar as lapas, o que confirmaron pouco antes das 5 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *