Segundo informa o 112, tres persoas resultaron feridas esta noite en Bueu ao colidir o seu coche contra un muro.
Sucedeu na EP-1301, á altura do punto quilométrico 2,6, ao fío das cinco da madrugada.
Foi, nese momento, cando unha persoa particular alertou do accidente ao 112 Galicia e, a partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Morrazo e da Policía Local.