Salvamento Marítimo informa do traslado a Cangas dunha embarcación tipo chalana non tripulada achada á deriva nas inmediacións da ponte de Rande ao supoñer un perigo para a navegación.
Ten o cabo de amarre roto, polo que se cre que puido soltarse polo mal tempo. A Salvamar Mirach recuperouna e trasladouna ata o municipio cangués á espera que poida aparecer o seu dono.