Os traballadores aseguran que a xente xa ten asumido que non van faltar alimentos
REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Hoxe en Cangas e nas parroquias púidose observar como a xente xa ten asumido que , a pesar do estado alarma, non van faltar alimentos nos supermercados. De feito, están a facerse colas e gardando as distancias de seguridade, mentres agardan a quenda para pasar xa que está limitado segundo a capacidade e superficie de cada establecemento.
Segundo manifestou Helena, encargada de un dos supermercados de Aldán, o problema foi o pasado sábado porque a maioría da xente decatouse pola mañá do Estado de Alarma. «Aquí as medidas que tomamos son as que marca a lei, a xente fai cola sen problemas e dentro, na carnicería e a charcutería, está marcada unha raia para manter a distancia de seguridade», explicou a traballadora.
A Garda Civil segue patrullando por todas as parroquias e sobre todo as praias despois do sucedido, con algunha xente que se tomou isto como unhas vacacións e instaláronse nalgunhos arenais coas súas autocaravanas e outros que encheron as praias , esta pasada fin de semana.