As concellarías de Mocidade e Medio Ambiente do Concello de Moaña organizan unha xornada divulgativa sobre as tartarugas e mamíferos mariños que adoitan visitar as nosas costas. A actividade terá lugar o sábado, 06 de novembro, no salón de plenos do concello de Moaña e contarán co seguinte programa:
⦁ 10:30 a 11:15 h. Identificación das especies de tartarugas e mamíferos mariños en Galiza.
⦁ 11:15 a 12:00 h. A asistencia a varamentos.
⦁ 12:00 a 12:15 h. Descanso
⦁ 12:30 a 13:15 h. A caza de baleas na Galiza.
⦁ Pausa para o xantar
⦁ 16:00 a 17:30 h. Asistencia á fauna mariña ameazada: Simulacro de rescate (actividade práctica na praia da Xunqueira).
Para asistir á xornada é preciso a inscrición previa a través do correo voluntariado@concellodemoana.org ou mediante teléfono/WhatsApp número 649 683923.
As charlas e actividade de rescate, correrá a cargo do persoal de CEMMA e cada asistente recibirá unha breve guía que recolle as principais especies de cetáceos propios das nosas costas.
Con esta actividade, dende as concellarías de Mocidade e Medio ambiente preténdese concienciar á veciñanza da necesidade de protexer o medio mariño, e especialmente aquelas especies como as tartarugas e mamíferos mariños, máis vulnerables ante a acción descontrolada do ser humano.