A Mancomunidade decidiu arranxar todos os contedores de carga lateral que foran retirados das rúas de Cangas, Moaña e Bueu polo seu mal estado e mantiña almacenados na zona dá estacada do Concello de Bueu.
A maior parte destes contedores tiñan danos como poden ser tapas rotas e pedais, mentres que a cuba presentábase en bo estado. Polo que a Mancomunidade, tomou a decisión de reparar e transformar moitos deles en contedores de selectiva.
O resultado é 105 contedores novos (35 fracción resto, 35 fracción envases e 35 fracción papel e cartón), limpos, con novas adhesivos, novas tapas e novos sistemas de apertura. Podemos dicir, explican, que a Mancomunidade aplicou a xerarquía de residuos recollida na Directiva Europea de residuos, sacando o máximo beneficio os produtos e apostando pola reutilización.
O vindeiro luns comezarase coa colocación de estes 105 contedores (35 fracción resto, 35 fracción envases e 35 fracción papel e cartón).
Colocaranse en puntos onde os contedores estean en mal estado (non serán novos puntos de aporte).