A concelleira coas familias e os nenos na recepción no Concello.

Sete nenos e nenas saharauis que pasarán o verán con familias da vila de Marín foron recibidos esta mañá no Concello pola concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, quen se interesou pola implicación por todo o proceso de acollemento. Así como polo interese dos recén chegados, aos que se lles deu un pequeno obsequio e un vale de 30 euros para gastar na papelería DCores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *