Tamén se revisaron vivendas frecuentadas por toxicómanos aínda que de momento non houbo ningunha detención
Varios rexistros leváronse a cabo desde a tarde de onte cando se atopou o cadáver de Cándida Soaje, a septuaxenaria que apareceu morta no interior da súa vivenda con evidentes signos de violencia e coas mans atadas. Durante a tarde rexistráronse vivendas abandonadas frecuentadas por toxicómanos na zona de Quintela, detrás da gardería A Galiña Azul. Aínda que atoparon a dúas persoas no seu interior, non localizaron ningún indicio que lles relacionada co crime.
Xa de madrugada, a iso das 4 horas, a Garda Civil entrou a vivenda dun veciño da falecida, situada a apenas 200 metros da casa de Cándida. Trátase dun home de mediana idade con problemas de adicción que xa conta con antecedentes por roubo.
Iso si, a pesar destes rexistros, de momento non houbo detencións.
Aínda que non se descarta ningunha hipótese sobre o móbil do crime, barállase o roubo porque a primeira planta da vivenda estaba revolta.