Protección Civil de Cangas rescatou esta mañá a unha muller duns 80 anos de Pinténs, en O Hío, que levaba desde as 7 da mañá tirada no chan da habitación da súa vivenda por unha caída.
Afortunadamente, explican, uns veciños escoitaron os seus berros e alertaron do que ocorría. Unha vez na zona, os efectivos de Protección Civil entraron á casa por unha xanela aberta para poder abrir a porta de entrada. Foi trasladada ao PAC de Cangas en principio sen gravidade.