Festa Corsaria en edicións anteriores.

O Concello de Marín fai públicas as normas que deberán cumprir os establecementos de hostalería con terraza que queiran participar da Festa Corsaria que se celebrará do 18 ao 20 de agosto. Estas regras, que se recollen no folleto que os locais deberán cubrir a modo de inscrición, son as seguintes:

  • Os carteis e material deseñado para a festa, estarán en galego e adaptados á época.
  • O persoal e o exterior dos locais deberán ter ambientación acorde coa festa.
  • Cada local será responsable da limpeza do espazo utilizado e de non deixar restos de materiais, lixo, manchas de graxa ou similares.
  • Os que desexen facer lume e/ou participar no Concurso de Decoración, deberán entregar por rexistro a solicitude antes do 12 de agosto de 2023.
  • Lumes e grellas

*Os establecementos que desexen facer lume deberán solicitalo e só o farán no espazo asignado polo CONCELLO.

* Está prohibido facer lume baixo toldos, instalacións eléctricas ou elementos susceptibles de arder.

* Adoptaranse as medidas necesarias para impedir o acceso ao lume e para evitar graxas ou aceites e que o chan permaneza limpo.

* Deberá dispoñer de extintor 6 Kg eficacia 21 A-113B, dous de 3 KG ou acceso a toma de auga.

* En todo caso, cada día deberá quedar a vía pública en perfectas condicións e o luns 21 de agosto, ás 9:00h, a vía pública deberá estar despexada de todo o material utilizado na festa, limpa e baldeada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *