Operarios traballando na obra de renovación das tubaxes.

A Brigada de Obras do Concello de Marín está estes días traballando na reposición dunha tubaxe de abastecemento de auga potable na zona de Viñas Blancas, que constantemente xeraba problemas de fugas e roturas recurrentes.

Estase renovando en torno a 200 metros e xa se fai con visos a que o camiño polo que pasa este servizo está incluído dentro do Plan de Pavimentación de Camiños do Rural deste ano, polo que tamén se mellorará o seu firme.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *