Un momento da obra interpretada por Redrum Teatro e que poderá verse mañá en Bueu.

A compañía Redrum Teatro porá en escena mañá 11 de novembro en Bueu a función “#2Pilgrims”, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A representación dará comezo ás 20:00 horas no Centro Social do Mar e a entrada será libre ata completar o aforo.

Dirixida ao público mozo e adulto, a peza está protagonizada por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, que se interpretan a si mesmos nun hipotético ocaso das súas carreiras, despois de ter sido recoñecidos polos seus traballos na televisión. Ela protagonizara a serie “Acacias 38”, e el foi o neno de “Pratos Combinados”. No contexto dun mundo caótico, grazas á globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, teñen con “#2Pilgrims” unha última oportunidade que retornar ao firmamento de estrelas da TVG. O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais deste novo proxecto, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *