Os populares reclaman ao tripartito que renove o convenio con este colectivo e con Colonias Canguesas, que realizan unha labor que doutro xeito debería facer o Concello que é o competente legalmente
O Partido Popular de Cangas presentou unha moción para ser debatida no pleno da Corporación Municipal que se celebrará hoxe en apoio da Protectora do Morrazo e Colonias canguesas. “Dous colectivos que co seu traballo e de xeito desinteresado sacan as castañas do fogo ao Concello nun área que é competencia exclusiva municipal” explican. “Un traballo que non sempre é respaldado como debera pola administración local” engaden. “O exemplo o atopamos no feito de que actualmente o Concello de Cangas mantén unha débeda de 3.000 euros coa Protectora do Morrazo, un fondos que lle son moi necesarios para facer fronte aos númerosos gastos aparellados a súa actividade de recollida e coidado de cans abandoados” denuncian.
Dende o grupo municipal rexistraron unha moción na que insta ao goberno local a renovar os convenios con ambos colectivos, “non é un regalo, é que están facendo unha tarea que legalmente lle corresponde á administración local e que non fai” insisten.Tamén advirten que a nova lei de Benestar Animal estatal engade máis competencias ao concello nesta materia polo que a labor destas entidades se fai imprescindible para cumprir a lexislación vixente, “e para iso requieren dos recursos precisos” insisten.
Dende a forza maioritaria critican o estado no que se atopa as Naves de Ojea e sinalan que este é o lugar que cedeu o concello para que estas dúas entidades puideran deixar material e que é onde deixan os animais cando son recollidos por persoal municipal mentras non vai persoal da protectora a recollelos. “Cheo de humidade cando chove, suciedade e mesmo de ratas” enumeran, polo que piden ao Concello que habilite un espacio que reúna as condicións para que podan levar a cabo a súa actividade en condicións dignas.
Plan de estrilización
Outro dos puntos que aborda o documento é instar ao goberno local a elaborar en consenso coa Protectora do Morrazo e Colonias Canguesas, “que son as que mellor coñecen a situación actual e que teñen experiencia ao respecto”, un Plan de Sensibilización e Esterilización co dobre obxectivo de concienciar á veciñanza da importancia de non abandoar e pola contra sí adoptar e por outro lado atallar a reproducción dos animais de rúa seguindo o sistema CES (captura, esterilización e soltar).