Alcaldesa e concelleira cos usuarios.

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, achegáronse onte ata o merendeiro da Praia de Portocelo, onde as persoas usuarias do Centro de Día celebraron, co equipo do centro e as súas familias, unha «merenda» de fin do verán.

Aproveitaron o bo tempo e as vistas para picar algo, escoitar música da súa época e falar e facer vida en conxunto, rompendo a rutina e tratando de gozar dos entornos naturais da nosa vila.

A alcaldesa compartiu un rato con eles e felicitou ao equipo do centro por ter iniciativas deste tipo, que son fundamentais dentro do coidado das persoas maiores e das súas familias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *