Santos, Freire e Barreiro, esta mañá no lavadoiro.

O lavadoiro da Cerval, no barrio moañés de O Latón, na parroquia de Meira, xa está totalmente reformado e en funcionamento para os veciños e visitantes. Esta mañá colocouse a placa que o identifica despois de varios meses de obras cun orzamento de 22.300 euros financiados co Plan Concellos.

O Núcleo da actuación consistiu na posta en valor do lavadoiro da Cerval que se atopaba en condicións deficientes, contando con elementos que desvirtuaban o seu interese etnográfico.

Ao longo deste tempo demoleuse o muro de fábrica de bloques de formigón e das escaleiras de acceso para reconstruír as de pedra. Limpouse toda a superficie, adaptado os pozos e arquetas e creado unha nova canle de desaugadoiro. Tamén se instalou unha pérgola de aceiro, tipo marquesiña, xunto a unha varanda.

Esta mañá a alcaldesa, Leticia Santos, a tenente de alcalde, Marta Freire, e o edil de Urbanismo, Odilo Barreiro, visitaron o lavadoiro para comprobar como quedou tras os traballos.

Estas obras foran unha das prioridades establecidas no Consello Veciñal de Meira dende hai tempo, a proposta da Asociación Veciñal “O Arroás” do Latón. E foi agora, coa consecución desta subvención, cando por fin se puideron levar a cabo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *