As comparsas do Entroido de Moaña tras o encontro desde mércores no Concello.

O grupo Locomía actuará o martes de Entroido ás 23:00 horas na carpa

SÁBADO 1 DE MARZO
17.30 h Pregón do Entroido por conta de Guillerme “Higgins” e a continuación actuación das comparsas na carpa do Entroido do paseo marítimo. Petiscos do entroido da man do Obradoiro de Hostalería do Patronato Beiramar.
19.30 h Festival das Comparsas na Casa da Cultura de Verducedo. Organiza: A.VV. Berducedo-O Piñeiro.
23.30 h Festa na carpa do Entroido co grupo “The resacas, Etéreo DJ´S e DJ Affa. Organiza: Nosa Terra e Sen tempo non era.

DOMINGO 2 DE MARZO
11.00 h Festival das Comparsas no adro de San Benito de Domaio (se vai mal tempo, no C.S. Rosalía de Castro). Organiza: A.F.C. Charaviscas.
17.00 h Actuación das comparsas ao longo da tarde no paseo marítimo.
17.00 h Carnaval Tradicional de Meira. Saída do desfile de Madamas e Galáns dende O Pazo Redondo (O Pombal) ata o paseo de San Bartolomeu onde se realizarán as danzas tradicionais e concurso de disfraces. Organiza: A.F.C.X. Meiramar-Axóuxeres.

LUNS 3 DE MARZO
17.00 h –21.00 h Festa do Entroido na Casa da Mocidade.
17.00 h Actuación das comparsas ao longo da tarde no Rosal e As Barxas.
20.00 h Festival das Comparsas no IES As Barxas.

MARTES 4 DE MARZO
17.30 h –20.00 h Festa do Entroido infantil con obradoiros e concurso de disfraces no alto da praza de abastos.
20.00 h Festival das Comparsas no C.S. Daniel Castelao de Quintela. Organiza: A.VV. A Bouza-Quintela.
23.00 h Festa de Martes de Entroido na carpa: concurso de disfraces para todo o público con premios ao mellor disfrace individual e grupal, actuación do grupo LOCOMÍA e a continuación DJ Xoel Muiños e DJ Iván Alonso. Organiza: Nosa Terra e Sen tempo non era.

XOVES 6 DE MARZO
17.30 h Festa do Entroido na Escola de Música. Actuación do alumnado da escola e das comparsas.
19.00 h Actuación das comparsas no Con e no Real.

VENRES 7 DE MARZO
19.30 h Festival das Comparsas no C.S Castroviejo de Tirán. Organiza: A.VV. de Tirán “O Pegho”.
22.30 h Festival do Entroido na Carpa do porto de Domaio. Actuación de Black Chiños, Orquesta Magos e Alex G DJ. Organiza: A.C. Animodo.

SÁBADO 8 DE MARZO
17.30 h Enterro da Xoubiña (se chove, trasládase ao domingo 16). Saída dende O Con ata o aparcadoiro do paseo marítimo. Desfile e queima da xoubiña ao remate. Colaboran: Centros de ensino e ANPAS do Concello de Moaña.
19.00 h Festival de comparsas no adro da Peregrina do Latón. Organiza: Comisión de Festas Virxe Peregrina.
11.00 h Festival de comparsas na carpa do Entroido e a continuación DJ Pexe. Organiza: Nosa Terra e Sen tempo non era.

DOMINGO 9 DE MARZO
17.00 h Enterro da Sardiña. Saída dende o Portal do Almacén, pasando pola rúa Ramón Cabanillas, rotonda do Concello e rúa Concepción Arenal ata o aparcadoiro do paseo marítimo. Desfile e queima da sardiña ao remate.

LUNS 10 DE MARZO
Toda a tarde “día para a cativada” nas atraccións de feira do paseo marítimo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *