Os alcaldes e as alcaldesas da bisbarra do Morrazo na cata dos viños.


O primeiro túnel de viño da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Riberias do Morrazo celebrouse esta fin de semana na sede do GDR Pontevedra-Morrazo. Unha iniciativa que tivo por lema Viños que falan de nós e que contou coa presenza e o apoio de tod@ s os alcaldes e alcaldesas da comarca morracense.

En concreto, neste túnel estaban representadas tres adegas (Ardán de Marín, Vilaboa e Cangas), unha delas a do cangués José Luis Videira co seu caldo «Quereres do Hío», situada na parroquia do mesmo nome. Unha adega familiar e nova, apenas recolleu a súa segunda colleita, pero que xa se situou á altura de moitos viños de prestixio. «Son viños que están á altura e, ademáis, que se elaboran de forma máis artesanal», explicou a Morrazo Noticias o propietario da adega Videiras do Mar.

O evento enmarcase dentro do proxecto de cooperación “Dinamización e promoción das IXP vitícolas de Galicia” no que participan os 6 GDR (Pontevedra Morrazo, Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense,
Salnés-Ulla-Umia e Deloa ) e 15 adegas dos territorios das IXP.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, deu lectura da declaración institucional de apoio dos concellos aos viños das IXP de Galicia, que partiu da consideración das «IXP como importante ferramenta para o desenvolvemento rural, que como marca colectiva da viabilidade a pequenas producións locais» e que ademáis «de dar a coñecer o territorio potencian outras actividades económicas complementarias».

É por isto que os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa se comprometen a «contribuír á promoción e posta en valor destes viños», especialmente dos amparados na IXP Ribeiras do Morrazo da que forman parte, «apoiando as adegas, facilitando a participación en eventos públicos, empregando os seus viños nos actos celebrados polas institucións», promovendo a cooperación e tamén o seu «consumo responsable e saudable.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *