REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Este sábado que xa se gozou un pouco máis do alivio no confinamento, en Aldán foi todo ben respectando as distancias. Houbo de todo, moita xente facendo deporte, sobre todo en bicicleta, aínda que non faltou ver á gran maioría da xente paseando, algo normal despois de tantos días encerrados.
Non faltaron os patos nas augas cristalinas do Río Orxas, algo que non se vía desde hai moitos anos, o río cunha auga tan limpa. Moita xente no horario de 8 a 11 aproveitou a marea baixa para pasear pola praia de Aldán e a alameda. En resumo, un comportamento exemplar.