Hall do Auditorio de Marín.

O Concello fixará a data de inauguración en canto se remate e cando se conecte o subministro eléctrico, para despois concretar que día se celebrará a Gala do Deporte

As ganas son moitas, pero aínda é preciso esperar. O Auditorio de Marín está a piques de poder inaugurarse, mais está cos últimos retoques da instalación do equipamento escénico e coa conexión do subministro eléctrico en trámite.

Unha vez estas cuestións estean resoltas e se poidan facer as probas de seguridade pertinentes, procederase á recepción da obra, é dicir, ao broche final a nivel administrativo e que significa o seguinte: Marín, por fin, terá Auditorio.

Unha vez realizada a recepción, desde o Concello fixarase a data de inauguración, un acto no que a cidadanía de Marín poderá coñecer e gozar do interior da infraestrutura cultural, con máis de 500 butacas, un escenario capaz de albergar todo tipo de producións escénicas e uns espazos polivalentes que dinamizarán enormemente a vila.

Unha vez se faga a inauguración, a seguinte data que quedará fixada no calendario será a da Gala do Deporte, a gran festa do deporte base da nosa localidade e na que se premiarán aos mellores deportistas e clubes, que destacaron ao longo da tempada do 2025.

A partir dese momento, continuarán outras propostas de programación que encherán de eventos e de cultura a axenda dos e das marinenses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *