Danos no paseo de Pescadoira.

A consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está acometendo as obras correspondentes aos desperfectos ocasionados no paseo marítimo de Pescadoira, en Bueu. Nesta ocasión, unha pedra caeu da pasarela, polo que a Policía Portuaria optou por pechar o paso para evitar posibles riscos.

O ente público está a actuar sobre todos os tramos de balado de pedra que precisan reparación para garantir a mellora de instalacións e velar pola seguridade de todos os cidadáns. Os deportistas do Club do Mar, principais afectados polos desperfectos, poderán volver a utilizar a zona afectada para desenvolver as súas actividades con normalidade.

Neste senso, dende Portos de Galicia tamén seguen á espera da autorización de Costas do Estado para poder acometer as obras comprometidas de arranxo da rampla utilizada polo Club de remo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *