Un coche estivo a piques de caer polo peirao da Mosqueira, en Moaña, esta mañá. Segundo a Policía Local, o seu condutor esqueceuse de botar o freo de man e a pequena pendente da explanada fixo caer o vehículo ata o fío.
Testemuñas alertaron da situación ao redor da media mañá, aínda que non puido localizarse ao propietario ata case as dúas da tarde.
O coche foi retirado do precipicio grazas a unha grúa.