Veciños as portas do centro de saúde de Moaña agardando para vacunarse.

Cangas mantense no medio mentres que Bueu, Marín e Vilaboa fan o mesmo no nivel alto
O Sergas pasa a Moaña do nivel alto no que se atopaba durante a última semana ao medio grazas á boa evolución dos contaxios e a caída dos casos activos, que neste momento sitúanse en 77. Cangas, pola súa banda, tamén experimenta un descenso ata o día 8 de agosto con 123 aínda que desde o vindeiro sábado, que é cando entran en vigor os cambios, seguirá rexéndose polas restricións medias como ata o de agora.

Quen tampouco lograron moverse da súa posición foron os municipios de Marín, Vilaboa e Bueu. O primeiro rexistra hoxe 162 casos activos, mentres que os outros dous contabilizan 27 e 75, respectivamente.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 14 de agosto.

Tendencia á baixa

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que a incidencia da covid na nosa comunidade está en tendencia á baixa, posto que descende o ritmo de novos contaxios, mellora a incidencia acumulada e baixa a positividade nas probas diagnósticas. Ao respecto, fixo un chamamento a seguir cumprindo as normas, posto que xa vai quedando menos para conseguir a inmunización da poboación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *