Un ano mais o persoal de enfermería do Centro de Saude de Cangas denuncia públicamente as «restriccións a hora de cubrir as vacacións e o reforzo de costa, que desapareceu na pandemia». O reforzo de costa trátase dun equipo conformado por un médic@ e un emfermeir@ encargado de atender á poboación desprazada. «Este ano tampouco o porán coa excusa de que non encontran persoal», así o trasladan nun comunicado enviado aos medios onde sinalan que «as enfermeiras temos mais carga asistencial cada ano, isto e debido o aumento da demanda polo envellezemento da poboación, e a que temos que asumir tarefas que antes eran funcións médicas».
«Esto acontece debido ás contratacións precarias da Xerencia de Vigo que levan aos profesionáis a buscar outras ofertas laboráis noutras áreas sanitarias que lles ofertan mellores condicións. No caso de enfermería, si hai disponibilidade pero así como en Urxencias e Ambulancias pode estar enfermería sin medic@, no reforzo de costa non», denuncian.
Para o colectivo de enfermería cangués, esta situación supón «un deterioro importante na atención aos nosos pacientes, demorando a realización de cita programada a enfermos crónicos así como as técnicas diagnósticas necesarias para o control da enfermidade». Unha sobrecarga, especialmente este verán que se prevé un aumento todavía maior de turistas, que «xenera que as demoras sigan recaíndo sobre o persoal de enfermaría que terá que asumir, tras o periodo de vacacións, todo o traballo que non se puido desenvolver por falta de persoal. «Queremos traballar ben para que esto repercuta nunha mellor ateción a nosa poboación», demandan.