Un home duns 70 anos acaba de falecer na zona da Borna por unha parada cadiorespiratoria nunha vivenda particular próxima á praia da Borna. Aínda que nun primeiro momento recibiu a atención dos servizos de emerxencia do 061 de Moaña, o médico do PAC de Cangas tivo que trasladarse en taxi e tardou en chegar media hora. Cando chegaron mais de media hora despois indicaron que cesaran as manobras de reanimacion e tan sonpuideron certificar o falecemento porque transcurrira demasiado tempo.
Nesta ocasion nin tan se quera quixeron chamar a Proteccion Civil ou a Policía Local de Cangas para realizar el traslado. A taxista tivo que ir de Moaña ao PAC de Cangas a recoller o persoal e despois levalo a Moaña de novo.
Con esta xa son catro as persoas que falecen en Moaña en menos de dúas semanas sen recibir a atención médica adecuada antes do seu falecemento pola falta dunha ambulancia de reforzo. Como nas outras ocasións, e segundo explican fontes sanitarias, este home tampouco tivo a posibilidade de saber se podía salvar a vida en caso de ser atendido en menor tempo.
Durante a xornada do domingo estiveron atendendo urxencias nos Concellos de Cangas e Moaña ambulancias do 061 de Cangas, Moaña, Bueu, Vigo e Redondela.