O cedro xa talado.

Triste adeus ao exemplar de cedro situado diante da entrada principal do Concello. Hoxe os técnicos talaron esta árbore, que supoña unha importante perigosidade tanto para os viandantes como para o tráfico rodado da Avenida de Ourense, porque se atopaba totalmente ladeado despois dos embistes dos últimos temporais e pola podredume que presentaba por dentro do seu tronco.

Tal e como explicou a concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, “víase perfectamente como o tronco xa non tiña un sostemento correcto, estando tronzado polo medio e suxeitado ao chan de forma moi débil. É unha pena enorme pero non nos queda outro remedio”, indicou.

Agora verase de dotar a esta zona doutro exemplar de árbore que poida manter o equilibrio ornamental do espazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *