Os servizos de emerxencia localizaron e rescataron a dúas persoas que practicaban sendeirismo pola ruta da Costa da Vela, en Cangas, ao rematar nunha zona de difícil acceso e non poder continuar a marcha.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, os dous deportistas foron encontrados en bo estado de saúde.
Foi un dos propios sendeiristas quen contactou co 112 Galicia para dar conta da súa situación, uns minutos despois das tres desta tarde.
Axiña, desde o CIAE 112 Galicia activouse un operativo para dar cos sendeiristas, no que interviñeron os Bombeiros do Morrazo, os membros do Servizo Municipal de Protección Civil, os axentes da Policía Local e da Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061