A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo esta mañá no Sequelo.

Esta mañán estaban convocados os propietarios notificados polas obras do
colector do río Lameira e a construcción dunha senda que se inicia desde
Coirados ata Ponte Zapal. Unha inversión na que a Xunta ponerá o 80 por cento dos 3,6 millóns de euros de presuposto e o Concello a 20% restante grazas a un convenio entre ambas administracións.

O trámite levado a cabo no Pavillón do Sequelo consistiu en comunicarlles a franxa obxecto de expropiación e a cantidade económica que percibirán. As actuacións serán financiadas no marco do Eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de Covid-19.

O proxecto ten como obxectivo definir as actuacións necesarias para mellorar a rede de saneamento da zona do río Lameira, renovando o colector xeral nunha lonxitude de 1.600 metros, desde a súa orixe na estrada autonómica PO-313, en Coirados, ata a ponte Zapal, no casco urbano, a partir de onde o río vai canalizado ata a desembocadura.

A actuación inclúe a xestión das augas pluviais do sistema unitario da conca do río Lameira, en tempo de chuvia, coa construción dun elemento regulador dos caudais enviados augas abaixo que, bombeados en dúas etapas, rematan finalmente na depuradora.

Os traballos recollen a mellora da estación de bombeo do río Lameira, situada no punto baixo o sistema de saneamento e que presenta actualmente deficiencias, tanto hidráulicas que orixinan frecuentes alivios ao medio, como de explotación pola ausencia de equipos para a xestión eficiente.

Ademais, o proxecto abrangue a mellora ambiental do río Lameira en toda a súa lonxitude, degradado pola existencia de residuos ou a invasión de maleza. A reparación do leito abrangue a construción dun acceso polo bordo exterior da zona de servidume, así como intervencións para eliminar obstáculos, reconstruír muros e retranquear peches.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *