NNXX de Marín participa na gran recollida anual de alimentos do Banco de Alimentos Provincial de Pontevedra que se celebró hoxe e que continuará mañá sábado.
A Organización Política Xuvenil do PP de Marín participa con persoas voluntarias ubicadas en diferentes supermercados de Marín, tal como nos comunica o presidente da agrupación, Adrian Arias, tras visitar xunto coa responsable de Organización, Sheila Blanco, as instalacións do Banco de Alimentos en Pontevedra.
Jose Luis, un dos responsables do Banco de Alimentos, encargouse persoalmente de mostrarlles as dependencias onde gardan parte dos productos que son doados, indicando neste caso que lle quedaban moi escasas, e por este motivo outra parte dos donativos seguen esperando nas cámaras das empresas doantes, xa que as dúas cámaras coas que conta a entidade, tanto a frigorífica como a de conxelados, atópanse cheas e sen apenas espazo.
A principal función do Banco de Alimentos é repartir a comida doada entre as ONG’s da provincia, por exemplo, o ano pasado repartiron 2 millóns de kilos de comida entre 152 ONG’s da provincia pontevedresa. É por este motivo polo que Adrián Arias anima a que persoas xóvenes de Marin se impliquen nesta labor social e participen un par de horas nesta recollida, para aportar o seu gran de area e axudar un ano máis ás personas que se atopan en situación de necesidade.
Os dous días, os voluntarios informarán ós clientes de que teñen dúas opcións para colaborar na recollida: ou ben aportando productos que compren no supermercado, aos carritos que terán os mesmos voluntarios, ou facendo doacións de cartos nas caixas rexistradoras dos establecementos no momento da compra.
¿Gustaríache colaborar como voluntario algunha hora ou algún dos dous días? Dende NNXX Marin indícannos que podes contactar con eles polas súas redes sociais: Facebook – Novas Xeracións Marín; Instagram – @nnxxmarin; ou correo electrónico – nnxxmarin@gmail.com