Xa estamos en maio e non pode faltar esta festividade tan clásica, que desta vez terá tamén unha exposición da presidenta da Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica, Queta Molas
Marín entrará no mes de maio pola porta grande e por iso non pode faltar unha das celebracións máis simbólicas de toda Galicia, as festas dos maios. Este inicio da primavera sempre chega á nosa vila da man da asociación cultural “Ateneo Santa Cecilia”, que ten por finalidade o mantemento e promoción da cultura galega a través de exposicións, festas, cursos ou danzas.
Así, dende o 26 de abril ata o 5 de maio poderá visitarse unha exposición no Museo Torres das coplas dos barcos e carros da festa dos maios de Marín, cedidas pola presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Enriqueta Otero Farto, máis coñecida por “Queta Molas”.
O 2 de maio ás 20:00 haberá unha charla-coloquio no Museo Manuel Torres onde tratarase a orixe das coplas e da festa dos maios.
Ás 12:30h terá lugar unha exhibición dos maios na alameda de Marín, onde se verán os distintos tipos de maios e a súa ornamentación. E finalmente ás 17:00h terá lugar o concurso na Praza do Reloxo.