O Xurado do II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria-Concello de Moaña, composto por: María Salinas, Santiago Lopo e Soledad Ríos, acorda por unanimidade conceder o premio á obra «Os Gatos Pardos» del pontevedrés Fabio Rivas Pardo.
Fabio traballa nunha libraría e é estudante de filoloxía galega. Gústalle escribir as súas propias liñas e tamén a normalización lingüística e o mundo editorial son do de agrado. De feito, participou na revisión e corrección ortotipográfica do libro Imos contar historias: lembranzas e relatos das xentes de Caldas de Reis (Concello de Caldas de Reis, 2021). Neste mesmo ano, alá polo mes de maio, a Universidade de Vigo concedeulle o primeiro premio na modalidade de relato curto no certame de Poesía, relato curto e tradución que convocan anualmente.
O premio entregarase o sábado 18 de decembro na sala Celso Parada do Centro Sociocultural Daniel Castelao de Quintela. No acto está prevista a actuación de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos con su obra «Idioma da Tinta».