Despois dun mes de xullo cheo de actividades, desde o día 1 están os nenos e nenas da primeira quincena de agosto desfrutando deste servizo que organiza o Concello, que este ano duplicou o número de prazas
Saídas á Finca de Briz, visitas ás praias, xincanas e actividades lúdicas nos xogos acuáticos do Paseo Alcalde Blanco… Son moitísimas as actividades que se foron organizando durante o mes de xullo nos campamentos de conciliación e que seguirán ofertándose en agosto. A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, record que este ano “fixemos un doble esforzo para poder ofertarlle ás familias de Marín este servizo durante o verán, que sabemos que é moi demandado en materia de conciliación, e duplicamos as prazas”.
Neste sentido, en Mogor hai o dobre de nenos e nenas dos que había habitualmente, pasando de 25 a 51. Algo semellante ocorre no Sequelo, onde se pasa de 50 a 88 participantes.
Ademais de todas as actividades antes mencionadas, nos campamentos os pequenos e pequenas da casa cultivan a parte máis deportiva, coas saídas multideporte que se organizan nos pavillóns ou ás visitas das escolas de kickboxing do municipio, ou incluso a tradición e a cultura unida ao ocio, grazas ás xornadas de xogos populares que se desenvolven da man da Asociación Gharaboto.