O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o de Vilaboa, César Poza, do BNG e PSdeG respectivamente, acudiron á chamada do rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para acordar un manifesto no que instan á Xunta a tomar medidas para solucionar os problemas que manteñen convalecente á Atención Primaria da área sanitaria de Pontevedra. Con todo, declinaron a invitación os mandatarios do PP, como a alcaldesa de Marín, María Ramallo, que paralelamente falou para os medios de comunicación desde a sede provincial do PP en nome dos seus homólogos.
Ramallo explicou que o seu desacordo con este cume tanto polas formas como polo fondo. “Convocóusenos por carta, pero enterámonos antes polos medios de comunicación, cunha data imposta, e a ninguén se lles escapa que hoxe inaugúrase Fitur e moitos alcaldes da provincia están en Madrid con compromisos adquiridos previamente. E tampouco o fondo, porque si un mandato foi exemplarizante na colaboración cos concellos no tema sanitario foi este, porque a raíz da pandemia celebramos moitísimas reunións desta área sanitaria cos seus responsables sanitarios de todos os alcaldes e alcaldesas. E aí é onde e con quen temos que seguir avanzando en materia sanitaria”.
A rexidora nunciou esta mañá que asistirán á reunión convocada polo Conselleiro de Sanidade a próxima semana para falar coas persoas que teñen competencia en materia sanidade, para que lles expliquen e indiquen que pasos se están dando para reverter os problemas que hai pola falta de médicos en atención primaria.