O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións xunto á alcaldesa e o concelleiro de Facenda.

Realizáronse labores de acondicionamento nos xardíns e zonas exteriores, así como no interior das aulas, e renovouse a instalación eléctrica

A Xunta realizou obras na escola infantil pública autonómica ‘Casa do Mar’ de Marín por un valor de 37.000 euros. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións, onde nestes momentos aínda se están a pintar as aulas e a cambiar as portas.

As actuacións neste centro xa comezaron no mes de agosto co arranxo dos xardíns exteriores. No interior, ademais do acondicionamento das aulas, tamén se está a cambiar a instalación eléctrica de todo o edificio. A escola infantil conta con catro aulas e unha capacidade para 60 nenas e nenos de 0 a 3 anos.

O director xeral comprobou o estado das obras e lembrou que o Goberno galego segue apostando por mellorar a calidade dos servizos de atención infantil e de conciliación para as familias. Neste sentido, lembrou que o vindeiro curso a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos, que xa se aplica neste curso, ampliarase aos primeiros fillos tanto nas escolas infantís públicas, como privadas ou de iniciativa social.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *