O Concello de Marín, a través da Concellaría de Seguridade e Mobilidade informou onte de que se establecerá a dirección única para o vial que une Lapamán, A Coviña e Casás. Esta decisión tómase pola situación actual que se vivía no tráfico nesta zona, que non conta co ancho abondo para poder manter a doble dirección, xerando graves retencións e problemáticas cando dous vehículos se atopaban nalgún tramo do vial.

Deste xeito, pasará a ser de dirección única ata saír nos Talleres Rodal e xa entroncar coa PO-551. Despois de levar adiante distintos traballos de sinalización, o obxectivo é que esta nova dirección única poida establecerse desde hoxe pola mañá, xa que durante o verán e cando hai bo tempo é cando máis problemáticas se dan neste sentido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *