Os operarios traballando no Vial.

Os traballos para enmendar a obra que deixou paralizada a empresa Oresa xa están a piques de rematar, recuperando un espazo esencial do noso litoral

O Vial de Praias de Marín, no seu tramo inicial ata Portocelo, quedará listo e totalmente aberto ao público a partir deste venres. Así o informou o Concello despois de achegarse ata o lugar, onde os operarios da empresa Caldevergazo traballaban no remate da habilitación da capa de zahorra á altura da garita de Portocelo da Escola Naval.

Esta empresa foi contratada de urxencia por parte do Concello despois de rescindir o contrato coa anterior adxudicataria, a empresa Oresa, cuia situación mercantil fixo que abandonase a obra sen apenas ter avanzado na súa execución. Así, continuarase cos traballos de pintado para finalmente rematar e abrir ao cen por cen o vial ao público o venres, nunha fin de semana que se augura de moi bo tempo.

A beirarríua da Rúa do Forte, tamén en proceso de finalización

Por outro lado, dentro do proxecto de Oresa tamén se incluía a renovación da beirarrúa da Rúa do Forte anexa ás edificacións e que tamén quedara inconclusa por parte da empresa. Agora está sendo rematada por parte da Brigada Municipal de Obras, que avanzará no seu remate ao longo de toda a semana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *