A Xunta de Galicia abriu recentemente unha orde de subvencións para instalar pistas polideportivas en centros educativos que estiveran dispostos a abrir tamén fóra do horario lectivo, de tal xeito que estas instalacións puidesen ser utilizadas por toda a veciñanza.
Ante esta convocatoria, o Concello de Marín informou a todos os centros da vila para que mostrasen o seu interese en concurrir a esta subvención, tendo en conta, por unha banda, esa esixencia de abrir fóra do horario lectivo e, pola outra, que segundo as bases da convocatoria só se pode presentar un proxecto por municipio.
Deste xeito, o Concello informou aos centros que no caso de haber varias propostas, realizaríase un sorteo entre aqueles que se mostrasen interesados, que de todos foron o Carballal, Sequelo e a Laxe.
Así, esta mañá realizouse dito sorteo, que finalmente quedou como resultado co Sequelo de primeiro, o Laxe de segundo e a Carballal de terceiro. Agora, o Concello elaborará un proxecto, que se remitirá á Xunta para concorrer á subvención.