As concelleiras coa empresa organizadora no paseo Alcalde Blanco.

O xoves mantense igualmente a inauguración do paseo, con xogos infantís a partir das 17.00 horas e o acto institucional ás 19.00 horas

A previsión meteorolóxica para esta fin de semana, obriga ao Concello de Marín, en colaboración coa empresa organizadora, a suspender o evento que estaba previsto no Paseo Alcalde Blanco, o Rilla na Rúa.

Con choiva e ameaza de tormenta, é loxísticamente imposible levar adiante o evento, polo que este se trasladará ao último fin de semana de xullo. Nos próximos días, publicarase a programación completa do verán de Marín, polo que non haberá perda nas datas de celebración de todas as citas que están preparadas
para estes meses estivais.

O que si se manterá é a inauguración do paseo, prevista para o xoves a partir das 17.00 horas. Estrearanse os xogos de auga instalados na metade do paseo, con actividades de ocio. Repartiranse ademais unhas viseiras e unhas fundas plásticas para non mollar o teléfono móbil e poder facer fotos sen medo.

A partir das 19.00, será a inauguración oficial, coa presenza de distintas autoridades e coa que se porá en valor a intervención realizada neste paseo, que estreará este verán cunha imaxe totalmente renovada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *