Despois do parón das festas o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra
inicia as actividades lúdicas en centros de ensino nunha semana coa axenda
completa na que chegará a cinco comarcas: Arousa, Val Miñor, Condado,
Morrazo e Baixo Miño.
No caso do Morrazo o persoal técnico do CEIDA estará no IES A Paralaia de Moaña coa actividade ‘Quen vive aí?’ o mércores, xoves e venres para o alumnado de
diferentes cursos de primeiro da ESO e de Bacharelato.