Rayden no escenario nun dos seus concertos.

A boa evolución da pandemia a nivel xeral e, por tanto, a nivel local, permite que pouco a pouco a vida social e cultural da nosa vila vaia avanzando e se vaian consolidando citas culturais.

“Vimos de pasar un San Miguel moi bo, coas precaucións e as medidas que aínda é preciso ter en conta, pero dun xeito moito máis amable e calmado. Por iso, a partir de agora consideramos que haberá pouco a pouco unha reactivación cultural maior”, asegurou a alcaldesa, María Ramallo.

A seguinte cita neste sentido será o Marín É Música, que traerá ao rapeiro Rayden ao Parque Azul o sábado 9 de outubro ás 19:30 h. no que será o seu único concerto en Galicia. A actuación será o será o escaparate de presentación do seu último e exitoso álbum de estudio, Homónimo. O cartel do evento, que se deu a coñecer esta mañá no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, péchase co directo de García Mc & Nación Quilombo, nunha noite vibrante que porá o foco na palabra.

Este evento, organizado por PlayPlan coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do programa Xacobeo 21-22, quere converterse ano a ano nunha cita ineludible no calendario do outono.
As entradas están dispoñibles no seguinte enlace:
https://www.enterticket.es/eventos/rayden-garcia-mc-824431

Coa vista posta no Nadal

Así a todo, o Concello tomou a decisión a pasada semana de non realizar o Samaín Briz, a seguinte cita no calendario festivo, polas casuísticas propias desta festa, que na súa última edición chegou a congregar a case 3.000 persoas. Pero no que xa está totalmente inmerso o Concello é na organización do Nadal, que promete recuperar toda a ilusión e a maxia destas datas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *