O PP de Cangas pide a convocatoria dun pleno extrordinario no que instar ao goberno municipal a que de conta do estado de tramitación dos acordos plenarios dos meses de setembro e de decembro relacionadas co funcionamento da rede de saneamento con motivo da polémica dos continuos vertidos no litoral cangués. A estos puntos suman a petición ao goberno municipal de «efectuar un estudo xurídico-económico» sobre o custo de «rescisión do contrato do Ciclo Integral da Auga».
Aseguran os populares no argumento da súa moción que «o goberno municipal está incumprindo de forma sistemática unha obriga fundamental do seu cometido, que é cumprir e facer cumprir os acordos plenarios que sexan aprobados, xa que o pleno é órgano colexiado mais importante e representativo dentro do Concello de Cangas». Refírense a que no pleno do mes de setembro de 2023 se acordou que o goberno tiña que realizar unha serie de medidas respecto da situación da rede de saneamento do municipio de Cangas.
Dende o grupo municipal do Partido Popular de Cangas, sendo conscientes que o goberno «ademais de non cumprir» coas obrigas impostas polo Pleno do Concello, «ía en sentido contrario de ditas obrigas». Polo que, o partido maioritario da corporación «vese na necesidade de presentar unha moción no mes de decembro para esixir que o goberno municipal sexa responsable e obedeza as obrigas establecidas polo Pleno de Cangas». «Os feitos demostraron que este goberno non ten ningún interese en respectar o órgano mais democrático do Concello, e segue na fuxida cara diante coa súa negativa a cumprir as súas obrigas», engaden.
Reunión coa Confraría
E o ultimo acontecemento, a reunión coa Confraría de Pescadores de Cangas, ondo din atópanse coa «sorpresa ao día seguinte de ver como se intenta ocultar a neglixente actuación da empresa concesionaria, e mesmo se fala da necesidade de inversións por un importe de 16 millóns de euros, cando non se falou para nada de esas cifras. Sendo proposta da empresa, en vez de 16 millóns é capaz de dicir que son 26 millóns».
«Nos últimos nove anos, se deron circunstancias que demostran a necesidade de facer un plantexamento global para afrontar o problema do saneamento neste municipio. Pero, tamén se demostrou que existe un incumprimento das obrigas por parte da empresa concesionaria, establecidas no contrato, que provocaron que a situación da rede sexa moita mais deficiente que fai nove anos», manifestan.
Así, o PP non considera «que a empresa sexa a única asesora e parte activa na proposta de solucións, xa que demostrou que non está actuando en base ao establecido no contrato». «Necesitamos que se nos informe e asesore por un órgano diferente á empresa concesionaria», concluen.