Acumulación de basura nos contenedores.

Reclaman que eles na última Asamblea da Mancomunidade pediron un contrato para dar un servizo de calidade aos veciños

O Partido Popular de Cangas sinala como responsables da deficiente situación do servizo de recollida do lixo ao BNG e o PSOE aos cales acusa de non acometer a nova licitación por motivos ideolóxicos. “Parece co que sirve en concellos onde goberna a esquerda como Pontevedra ou Vigo non serve para o Morrazo”. A forza maioritaria da corporación destaca que mentras “amosan a súa incapacidade para executar a prometida municipalización dende fai máis de dous anos o servizo está sufrindo un grave deterioro, sen que se limpen nin se renoven os contedores rotos e cunha cada vez máis insuficiente frecuencia na recollida dos residuos, sobre todo no rural” denuncian.

“A veciñanza está pagando por un servizo que cada día funciona peor” insisten a vez que recordan que segue pendente a instalación dos contedores marróns para os residuos orgánicos como establece lexislación, que debían estar despregados ao longo do primeiro semestre deste ano. “Uns contedores que sí podemos atopar en Bueu pero non en Cangas a pesar de ser o municipio que máis aporta á financiación do servizo” denuncian.

“Exemplos da mala xestión das dúas formacións que levan sustentando os gobernos dos tres concellos que conforman a Mancomunidade do Morrazo nos últimos 8 anos”. “Nós levamos tempo decindo que o informe presentado no que sustentaban a viabilidade da municipalización contiña moitas eivas que parece que agora resultan evidentes ata para os servizos técnicos”. Un informe pagado polos veciños do Morrazo e feito para decir «Si Buana» ao BNG explican.

Mentras tanto levamos máis de dous anos perdidos de progresiva precarización do servizo do que son testigos todos os veciños e veciñas de Cangas. “Dubidamos moito que a nova presidencia do ente municipal a partir do ano que ven veña a mudar moito as cousas” afirman. “Os mesmos que son incapaces de xestionar e que manteñen na mesma situación irregular a xestión da piscina municipal A Balea baixo a mesma excusa da ‘municipalización’ dificilmente van ser quen de enderezar a situación”
reflexionan.

Qué lles decimos os veciños? Na última reunión da Mancomunidade xa nos avanzaron os Sres do BNG que habería que subir o prezo do recibo, pero subir un recibo de algo que cada vez funciona peor é algo ao que votaremos sempre en contra.

Desde a formación reclaman ao PSOE e ao BNG que deixen de “enredar” e que asuman dunha vez que teñen que licitar o servizo recollendo no novo contrato a subsanación das numerosas deficiencias que presenta na actualidade. “Volvemos a pedir que convoquen a asamblea da Mancomunidade, para abordar este asunto capital e correxir esta situación dunha vez e que non se trate este asunto só na xunta de goberno da entidade, xa que claramente non velan polo servizo e polos veciños, somente lles interesa manter unha ideoloxía, ainda que esta resulte ineficaz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *