O Auditorio de Cangas.

O Partido Popular de Cangas denuncia co goberno tripartito liderado pola nacionalista Araceli Gestido non está solicitando subvencións autonómicas dirixidas ás entidades locais o que está impedindo que cheguen ao municipio fondos doutras administracións para a mellora de infraestruturas ou a contratación de reforzos de persoal en diferentes servizos municipais. Desde o PP manifestan que “a súa nula xestión e falta absoluta de traballo está costando moitos cartos a toda a veciñanza de Cangas”.

Nesta ocasión, os populares poñen o foco na área de cultura e sinalan que os actuais responsables municipais non solicitaron a axuda para o equipamento e mellora das instalacións culturais municipais. Desde a formación explican que, como acontece noutros ámbitos, a infraestrutura en material cultural do concello presenta moitas deficiencias debido á falta de mantemento e de investimentos nos últimos anos polo que destacan que esta liña de axudas posta en marcha pola Xunta a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permite aos concellos obter recursos extra para equipalos, reformalos ou modernizalos. “A pesar da pasividade e nula xestión deste goberno local, Cangas goza dun tecido asociativo moi vivo e dinámico no ámbito cultural que precisa de espazos adecuados nos que desenvolver as súas actividades”. Por ese motivo tamén reclaman a elaboración dun plan de mantemento e mellora elaborado polos técnicos municipais da área que permita programar e organizar actuacións a curto e medio prazo para revertir as actuais deficiencias.

Desde o grupo municipal maioritario da corporación recordan que o municipio conta cunha ampla rede de centros culturais como bibliotecas parroquiais, locais de ensaio, a Casa da Cultura e o Auditorio Municipal como busque insignia que precisan de melloras. “Despois laiaranse de que non hai recursos para acometelas, cando gastan sen control no que lles peta e de forma irregular, pero tampouco traballan por conseguir fondos noutras administracións públicas cando é a súa obriga, que para iso cobran dos cangueses e canguesas” insisten. Para a formación chove sobre mollado, “non é a primeira subvención que non solicitan e lamentablemente non será a última” afirman, polo que reclaman á alcaldesa Araceli Gestido e ao seu
goberno que muden a política “das excusas e o victimismo no que están asentados desde que chegaron pola de o traballo e o rigor na xestión municipal” xa que de facelo “o coxunto da veciñanza o agradecerá seguro”
rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *