O Partido Popular mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación de Veciños de Darbo para trasladar as propostas da formación para esta parroquia así como para abordar as principais demandas dos residentes da zona. Os representantes veciñais trasladaron ao candidato do Partido Popular de Cangas José Enrique Sotelo a necesidade de urbanizar o camiño do Piñeiro, moi transitado polo transporte escolar dos centros educativos próximos e especialmente nas épocas estivais. Tamén trasladaron as deficiencias sen resolver da última reforma acomezada polo Concello na Biblioteca Municipal de Seixo no que tamén se encontra o local social. Se ben o obxectivo das obras foron a eliminación das barreiras arquitectónicas do edifico a realidade é e que estas todavía existen ademais de quedar pendentes outras correccións sen solventar polo que din que todavía non está entregado o fin de obra.
Pola súa banda o líder popular, acompañado por membros da candidatura trasladou os compromisos recollidos no programa electoral con esta parroquia como son a urbanización da estrada A Magdalena- Herbello, a finalización e melloras da seguridade nas estradas PO-315 e PO-551, un paseo fluvial no río Pontillón ou a elaboración dun Plan de Camiños que permita actuar de xeito periódico no mantemento e limpeza das estradas municipais que é unha das demandas máis comúns en todas as zonas do rural.
Dende a formación tamén apostan poñer en valor o sendeiro costeiro de Massó- Areamilla e abordar o mantemento e mellora de Varalonga e o Balcón do Rei en colaboración coa Comunidade de Montes. “Darbo, como o resto das parroquias, sufriu o abandono dos actuais responsables municipais. Nos últimos anos o Concello está recaudando máis que nunca e sen embargo eses recursos non está repecu5ndo en novos servizos nin infraestructuras. Cangas precisa dun goberno con capacidade de xestión que sexa quen de sacar adiante os proxectos”, reflexionou.