Destacan o valor patrimonial, natural e paisaxístico deste espazo e reclaman que se catalogue e se protexa
O Partido Popular de Cangas reclama ao goberno municipal unha xunta de portavoces para abordar a situación do Bosque Encantado e critican que non se tivera informado antes a todos os grupos da corporación. Desde o grupo municipal destacan o valor patrimonial, natural e paisaxístivo deste espazo polo que insisten na necesidade de catalogar este lugar para que obteña a protección necesaria como garantía para a súa conservación.
Os populares destacan que este lugar debe ser público para disfrute da veciñanza e recordan que é un dos puntos máis visitados do concello pola súa singularidade. “Botamos moito de menos que o concelleiro de Urbanismo non tivera informado antes dos cambios na propiedade e sobre a posición do goberno sobre este asunto e nos enteremos de todo pola prensa” lamentan. “Non entendemos a opacidade do tripartito e por eso queremos que ofrezan información actualizada dos encontros que mantiveron cos actuais propietarios , os pasos dados así como as xestións realizadas, si fora o caso de que se fixera algo”.
Nesta liña, apostan pola xunta de portavoces como o foro máis adecuada no que artellar unha posición en común que permita consensuar os pasos a dar para conservar este lugar único, poñelo en valor e mantelo aberto para o lecer de todos os cangueses e canguesas. “En definitiva, o Concello debe poñer todos os medios para que este espazo sexa público” rematan.