A bandeira vermella que ondeu en Rodeira o pasado fin de semana e ata o martes.

O Partido Popular de Cangas quere co goberno local informe con detalle do acontecido a pasada fin de semana co vertido de augas fecais na praia de Rodeira que obrigou a pechala ao baño ata este martes. Dende a formación esixen explicacións ao Concello sobre os motivos polo que o venres, coñecida a situación de contaminación por augas fecais, se optara por izar a bandeira amarela indicando precaución e sen prohibir o baño e non se actuou como nos seguintes días onde se izou a bandeira vermella coa conseguinte prohibición. “Queremos saber os criterios que se aplicaron e en base a que informacións xa que o contranálise non se efectuou ata o luns” explican. Tamén sinalan o feito de que por parte dos responsables municipais se optara pola empresa concesionaria para que realizara o contranálise e non por un laboratorio independente xa que “foi o mal funcionamento da rede de saneamento que xestionan o foco de contaminación e por tanto son parte interesada” argumentan.

“Levamos anos sufrindo constantes vertidos de fecais por todo o noso litoral debido á falta de mantemento e de investimento na rede municipal de saneamento por parte da empresa. Contaminar no noso concello sae moi barato” denuncian, polo que preguntan ao actual goberno se vai abrir expediente sancionador á empresa concesionaria polo acontecido. “Falan de que se vai a invertir, que se vai a actuar pero a realidade e que non se detalla nin importes, nin investimentos, nin prazos de execución e o problema segue aí, agravándose ano tras ano” denuncian.

Opacidade

Dende o grupo maioritario da corporación agardan co goberno sexa máis transparente e responda con dilixencia as súas peguntas e non actúe como nestes últimos días, “nos que non se informou nin nas redes sociais nin na súa web do acontecido co vertido nin sobre o peche ao baño dunha das praias máis concurridas do noso municipio. Sendo un asunto de saúde pública parece que para este goberno resultaba de pouco interese informativo” ironizan. “Eso sí, se informou puntualmente e coa foto correspondente de como a alcaldesa izaba a bandeira verde de novo no areal, primando a propaganda ao interese informativo da veciñanza” critican.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *