A Feira de Oportunidades do ano pasado.

Maña venres ás 10:30h procederase á apertura da 18a edición da Feira de Oportunidades do Morrazo, que continuará aberta o sábado e domingo en horario de mañá e tarde de 10.30h a 14.00h e de 18.00h a 22.30h horas. A principios desta semana comezou a montaxe das haimas individuais de 25 metros cadrados que darán forma a un espazo conxunto en forma de “T” na contorna dos Xardíns do Sinal e que dende mañá será visitado por aqueles clientes
que gustan de atopar verdadeiras “gangas”.

Hoxe, xoves, os técnicos, remataron a primeira hora as labores da montaxe estructural das haimas e ao longo do día rematarán a iluminación, o son e a limpeza para deixar todo listo nesta instalación de perto de 1200m2. Igualmente, ao longo desta xornada, comeza a colocación dos miles de produtos dos 27 expositores que participan nesta edición baleirando o stock dos seus establecementos: 7 FRESAS, ALEALI ZAPATERÍA, ATREZZO, AXEITO, BRISA BEBÉ, CHESTER, CINANIASHOP, COLORS, COUSIÑAS DE KELA, DIN Y DON, DUDU, DUENDE, GOALKERS, INFORMÁTICA LOGOS, LENCERÍA GLAMOUR, MAIKEL & BEST, MELENA DE LEÓN, MERCAROUPA, MÍMATE+, MODA INFANTIL VICKY, NENE ́S MODA INFANTIL, NÖETTA, OSBSCLOTHING, PLUSMARCA, RINCÓN DE PO, TECNOSAT E XOANIÑA, establecementos de Bueu, Cangas e Moaña que ofrecerán dende mañá os mellores produtos aos mellores prezos nos seus stands e nos que os clientes disfrutarán de grandes descontos.

A Feira de Oportunidades lembra que está organizada por ACICA_ Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas, entidade que forma parte de FECIMO, está cofinanciada pola Xunta de Galicia, e colaboran Concello de Cangas e ABANCA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *