O grupo municipal do PP de Cangas nun pleno desta lexislatura.

O Partido Popular de Cangas fai balance dos cen primeiros días de mandato do goberno tripartito liderado pola nacionalista Araceli Gestido. “Só foron quen de aprobar as súas pagas e para iso fixo falta a convocatoria de tres plenos” destacan como claro exemplo da inoperancia do novo goberno local. “Cangas segue paralizada cun goberno divido e máis preocupado nos seus problemas internos e no reparto do protagonismo nas fotos que na resolución dos problemas dos veciños e veciñas de Cangas” afirman. “Os problemas dos vertidos é un claro exemplo do que estamos a falar con novos episodios este verán que obrigraron a pechar ao baño a praia urbana de Rodeira” recordan. “A realidade é moi contundente. Un ano despois de ca veciñanza da parroquia de Aldán saira a rúa farta da situación todo sigue igual ou peor. Non poden pretender solventar este problema indo da man da empresa, responsable en última instancia dos propios vertidos, facendo falsas promesas á veciñanza para ocultar a desidia da propia responsable do servizo” reflexionan. “Os cangueses e canguesas prefiren unha alcaldesa que traballe no despacho xestionando que ter unha voluntaria a razón de 3000 euros ao mes para limpar ríos. Prefiren que castigue a quen contamina os ríos e non tanto o voluntariado de portada” declaran.

“Podemos seguir co grave deterioro do servizo municipal de recollida do lixo cunha empresa sen contrato en vigor dende o 2020. A diferenza dos outros municipios, a nosa vila non chegaron os poucos investimentos feitos no servizo” critican. “Situación irregular que se repite na piscina municipal sen que se poña enriba da mesa ningunha solución por parte do actual equipo de goberno” continúan. “A día de hoxe Cangas segue sen poñer os terreos para contruir unha nova infraestructura sanitaria como sí fixo Moaña” destacan. “A estos asuntos temos que sumar o lamentable estado da contorna dos centros escolares municipais neste inicio do curso, a incapacidade de xestión para dar resposta ás solicitudes de arranxo dos camiños municipais da veciñanza ou que este curso continuemos sen Programa Municipal de Deporte Escolar” enumeran.

Orzamentos

O PP critica a proposta do tripartito de pretender aprobar uns orzamentos para este ano no último trimestre. “O lóxico e razoable e que presentaran os do ano que ven” reflexionan. “Falan de que é para as facturas pendentes. Pois cas traian nun recoñecemento extraxudicial de crédito e expliquen, unha por unha, en que levan gasto os diñeiro dos veciños e veciñas de Cangas neste tempo” engaden.

Goberno opaco

Dende o grupo municipal tamén acusan ao goberno de falta de transparencia e opacidade na súa actuación. “Dende que comezou este mandato non responderon a ningunha das preguntas que presentamos por escrito” destacan. “Dalles urticaria dar explicacións sobre a súa xestión ou máis ben falta dela” insisten. “Non asumen que son un goberno en minoría e veñen actuando dun xeito sectario ignorando ao partido maioritario da corporación” denuncian. Dende o Partido Popular de Cangas temos claro que non imos a ser cómplices dos que manteñen a nosa vila en estado de abandono. Mágoa que non amosen a mesma perseverancia na resolución dos problemas da nosa vila ca que tiveron para a aprobación dos salarios que son o único pegamento deste goberno da” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *