As concelleiras nun cemiterio de Bueu.

A voceira do Partido Popular, Elena Estévez, e a concelleira Macame Núñez visitaron os cemiterios de Beluso, Cela e Ermelo, dentro da habitual rolda de control dos espazos municipais. Desde alí, denunciaron que “o goberno local fai deixadez de funcións no mantemento dos cemiterios”, tal e como se observa a simple vista, con grandes herbas, deterioro xeralizado dos nichos, panteóns e tumbas etc. Ademais, tal e como sinalou Núñez, “no es solo el cementerio de Beluso, sino también el de Cela y el de Ermelo, por lo que estamos ante un problema generalizado que no se está solucionando por falta de interés”.

A iso, engadiu Estévez o feito de que “o concelleiro de obras e servizos, que é o propio alcalde, prefira estar a outras cousas, en vez de preocuparse do mantemento diario dos espazos municipais, que é o que toda a veciñanza demanda”. Dese xeito, ambas as dúas esixiron que “o alcalde xestione eficazmente os recursos públicos para cubrir todas as necesidades, que en ocasións se solucionan cun par de traballadores nunha soa mañá”. E é que para Núñez “no tiene razón de ser que sea sistemático el abandono de todos los espacios públicos, y que solo hagan caso a golpe de foto en redes, como ha ocurrido con la pista de la Banda del Río, sobre cuyo estado estuvimos un año protestando y que no se está arreglando hasta menos de un año antes de las elecciones”.

En consecuencia, Estévez e Núñez solicitaron que “o alcalde leve unha planificación do traballo do persoal municipal e das necesidades habituais (mantemento dos cemiterios, xardíns, centro de saúde, zonas verdes do pavillón, beirarrúas, cunetas etc.)” e que “abandone a súa actitude pasota, que só demostra o seu cansancio e a súa falta de iniciativa logo de tantos anos de (des)goberno”. “Una vez más, queda clara la necesidad de que el gobierno haga una política de contratación de empleo y que deje de renunciar a ayudas que servirían para mantener el municipio en buen estado”, concluíu Núñez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *