Paseo y arenal de Rodeira.

“Cada día coñecemos máis as axudas doutras administracións que perde a nosa vila pola falta absoluta de xestión do actual equipo de goberno” lamentan

O Partido Popular de Cangas continúa denunciando máis subvencións públicas non solicitadas polo goberno tripartito liderado pola nacionalista Araceli Gestido para o desenvolvemento de diferentes proxectos en no municipio. Nesta ocasión desde a formación maioritaria da corporación poñen o foco nas axudas para embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU.

Según explican desde o grupo municipal estas axudas teñen como obxectivo financiar actuacións para a transición verde e ecolóxica e a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, a transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral así como a transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo. Entre a ampla gama de posibles actuacións subvencionables que recolle a resolución están a rehabilitación sostible de edificacións de interese turístico, tales como museos, monumentos, teatros, galerías de arte, etc.

O investimento en zonas verdes como: vías verdes, camiños e sendeiros, espazos naturais que fomenten a biodiversidade vexetal, que permitan conectar distintos puntos de interese turístico ou que contribúan á creación de novos produtos turísticos, tales como rutas polas zonas verdes. Tamén a restauración ambiental e integración paisaxística dos recursos que contribúan a un turismo sostible. Por último, o desenvolvemento de aplicacións turísticas, a adquisición e mellora de bens de equipamento precisos para o desenvolvemento da actividade turística así como as instalacións que faciliten a accesibilidade e mobilidade a recursos turísticos.

“Unha vez máis Cangas volve a quedar fóra de subvencións autonómicas pola pasividade e absoluta falta de xestión do goberno local” sinalan desde a formación que citan este exemplo como “unha proba máis de que o discurso vitimista do goberno municipal repecto a unha suposta discriminación por parte doutras administracións é unha pura excusa trala cal agochar a súa propia incompetencia” afirman. “Isto demostra co tripartito non ten outro proxecto para Cangas que o de permanecer na poltrona durante todo mandato cobrando e sen facer nada” engaden. “Mentras tanto a nosa vila segue perdendo oportunidades para a realización de actuacións e investimentos” lamentan.

Desde o PP destacan que existen múltiples zonas nas que se podería ter actuado grazas a esta achega autonómica, “pero parece que non o viron necesario rio. Iso suporía traballar e diso saben pouco” declaran. “Despois tratarán de convencer á veciñanza de que non fan nada por unha suposta falta de recursos cando no fan as xestións para conseguir fondos doutras administracións” reiteran. A formación reclama explicacións aos actuais responsables municipais polas numerosas subvencións que non foron solicitadas no que vai de ano e exixen responsabilidades, “¿de onde van a sair agora eses recursos?” cuestionan.

O PP destaca que o importe máximo das diferentes liñas que ascenden: para a transición verde e ecolóxica unha contía máxima de 80.000,00 € por proxecto; Para a transición dixital unha contía máxima de 15.000,00 € por proxecto; e para a transición accesible e inclusiva unha contía máxima de 50.000,00 € por proxecto. “estamos falando de decenas de miles de euros que non van a chegar a Cangas pola dexadez dun goberno máis preocupado nos seus equilibrios internos e en cobrar a final de mes que nos intereses da nosa vila” lamentan.

“Desde a nosa formación seguiremos denunciando a renuncia de subvencións por parte do tripartito xa que seguramente e para perxuízo do noso concello non será a última. A veciñanza merece saber a realidade do desgoberno que sofre o noso municipio” rematan

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *